Arquivos mensuais: Maio 2012

O artista Isaac Cordal expón na galería Ras de Barcelona

O artista Isaac Cordal pechou, o pasado mes, na Galería Ras de Barcelona, unha exposición có título SOLO. Aínda que xa non a podemos ver (porque ademáis de estar xa pechada estaba en Barcelona) sérveme de disculpa para vos presentar a un moi bo (dende o meu punto de vista) artista galego que estudou Belas Artes en Pontevedra. Ademáis de licenciado en Belas Artes formouse na Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra).

Seguir lendo

Advertisements

Por que escribir nun blog?

Na páxina web de Totemguard publicaron recentemente un artigo no que expoñen 8 razóns polas que un educador debe escribir un blog. A min parecéronme bos argumentos, vos como os vedes?

Unha obra de Banksy que nos invita a reflexionar

Vos presento unha obra mural do artista londinense Banksy que invita ao espectador a reflexionar sobre o traballo e a explotación infantil. A obra, coma moitas outras do autor, está nas paredes das rúas de Londres e apareceu nestas semanas coincidindo coa celebración dos 50 anos de reinado da Raiña Isabel II.

(Este é o enlace á entrada na que atopei este mural)

http://www.streetartnews.net/2012/05/new-banksy-spotted-in-london.html

Seguir lendo

A realidade aumentada e as súas posibles aplicacións á aula

A realidade aumentada é unha das novas “capacidades” da tecnoloxía que nos permite obter máis información sobre aquelo que esteamos vendo. Moi a groso modo temos dúas aplicacións, a primeira son aquelas aplicacións onde unha aplicación móbil nos axuda a obter máis información sobre o espazo no que nos atopamos, así temos aplicacións coma LAYAR (esta é a que eu coñezo, non sei se é mellor ou peor, e que non manexei outra).

Logo están as aplicacións que xeran imaxes en tres dimensións con información adicional no ordenador ou, como é o caso do artigo que hoxe vos quero recomendar (mirade o libro máxico), gafas ou dispositivos, a partir de códigos QR (quick response barcode, «código de barras de respuesta rápida»)

Atopei esta entrada sobre o que é a realidade aumentada e posibles aplicacións que xa se están experimentando nas aulas espero que vos resulte tan interesante como a min:

http://ntics.me/2012/04/14/realidad-aumentada-y-su-potencial-en-la-educacion/

 

Ola a todos e benvidos

Ola a todos, como o prometido é deuda, aquí tedes o blog para a nosa materia, a Educación Plástica e Visual, na que poder compartir material, dúbidas, logros e fracasos, para acompañarnos e medrar xuntos.

Como falamos, eu intentarei manter o blog o máis actualizado posible có material que vaia atopando, pero só será verdadeiramente rico se todos aportamos materiais, ideas, consultamos dúbidas… se o facemos medrar entre todos.

Para que este primeiro post non sexa só de benvida, vos deixo o enlace para unha páxina web que acabo de coñecer que nos permite crear contos, animacións, postais… con imaxes precargadas. A páxina onde atopei  este enlace www.educacontic.es/blog, nos propón como posibles aplicacións dende o emprego por parte do alumnado para crear contos, elaborar contido en clave de cómic ata o emprego por parte dos profes para crearlles material a eles. Vos deixo aquí o enlace e que a imaxinación vos axude a lle sacar o máximo rendemento, xa nos contaredes a todos.

http://www.kerpoof.com/