O artista Isaac Cordal expón na galería Ras de Barcelona

O artista Isaac Cordal pechou, o pasado mes, na Galería Ras de Barcelona, unha exposición có título SOLO. Aínda que xa non a podemos ver (porque ademáis de estar xa pechada estaba en Barcelona) sérveme de disculpa para vos presentar a un moi bo (dende o meu punto de vista) artista galego que estudou Belas Artes en Pontevedra. Ademáis de licenciado en Belas Artes formouse na Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra).

A súa obra é moi particular, nela nos fala do conflicto existente entre o home e a súa civilización e a natureza. As súas pezas están feitas de cemento e son dun tamaño moi reducido achegándonos a nosa propia realidade dentro das cidades de formigón e faltas de cor, onde o tamaño de edificios, rúas, monumentos… convértenos en pequenos entes perdidos nunha inmensidade gris. Enche as cidades de pequenas escenas que reproducen a nosa propia vida facendo patente a alienación do ser humano de hoxe en día. Para poder ver as obras desta exposición e doutras instalacións deste artista podedes acudir a súa páxina web: http://www.isaac.alg-a.org/

Creo que son obras moi atractivas para o noso alumnado, que lles chaman moito a atención e lles invitan a intervir e preguntar. Se cadra o problema e logo calalos 😉

(imaxes tomada da páxina web do artista)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s