Arquivos mensuais: Xuño 2012

Como crear a túa propia Khan Academy

Na entrada na que vos falei do vídeo sobre o qeu se reflexionaba sobre o presente e o futura da nosa educación vos mencionei a Khan Academy, unha organización educativa que xera microleccións en vídeo para nenos e nenas de diversas edades. A idea é, como xa vos comentara, conseguir que os nenos revisen os aspectos teóricos que poidan interesar para unha práctica concreta e que o tempo da aula sexa estea dedicado integramente á práctica. Dende o blog TotemGuard nos propoñen que creemos a nosa propia Khan Academy, có noso material e para elo nos suxiren unha serie de ferramentas que precisaríamos para poder facelo. creo que a idea e moi interesante é que paga a pena. O principal problema sería intentar traballar un só isto, pero se aunamos esforzos… Vos deixo o enlace do artigo para que o leades on calma e me comentedes:

Advertisements

Repensar a Educación

Nun dos blogs de José Luis Orihuela, profesor universitario e escritor, atopei unha pequena reportaxe sobre o presente e o futuro na nosa educación en relación có impacto das novas tecnoloxías nas nosas vidas, na nosa sociedade e, en concreto, nos nenos. José Luis Orihuela centra o seu traballo de investigación e estudo precisamente neste aspecto, no impacto das tecnoloxías na sociedade e na educación. Podedes procurar moita máis informació´n sobre el e o seu traballo noutro dos seus blogs: www.ecuaderno.com

O vídeo está en inglés pero se pulsades para velo a través de youtube creo que ten subtítulos. Tamén podedes quedar có de lingua inglesa do cole e que vos asista no tema da tradución, creo que paga a pena velo con máis compañeiros para comentalo. Xa me contaredes. Sinalar que dentro da reportaxe fala o creador da Khan Academy, un novo concepto de educación por ca en marcha no que a idea e que o alumnado poida ver as clases con calma na casa para logo chegar ao centro e centrarse nos traballos, revolucionario (para como entendemos hoxe unha clase), pero moi interesante.

Propuesta de traballo de deseño para o alumnado da ESO

Na páxina web dontpaniconline.com hai unha entrada na que se nos presenta o zapato de muller coma concepto e as diferentes propostas de diferentes artistas sobre este elemento.

Xa só analizar estas propostas cós nosos alumnos plantexándolles o deseño coma proceso, a relación entre deseño-estética e utilidade ou a relación que o deseño garda (nalgúns destes casos e en  moitísimos en todo o deseño) có xogo é unha boa tarefa de traballo para entender o deseño. Pero a miña proposta é outra.

Cando traballamos o tema do deseño cós nosos alumnos, normalmente, lles pedimos que deseñen algo, a miña proposta é, partindo destas imaxes, propoñerlles o seu propio deseño de zapato para eles, persoal, que lles identifique, aínda que non se poida camiñar con el. Con esta actividade podemos chegar con eles á idea do concepto dende a práctica e non có estudo de conceptos en “bruto”.

(imaxe tomada da páxina http://www.dontpaniconline.com)

Aplicación de Realidade Aumentada para traballar a axonometría

No blog Tecnoloxía.org nos presentan unha aplicación de Realidade Aumentada feita por un alumno de 2º de Bacherelato moi práctica para falar e explicar dun xeito moi visual o sistema axonométrico aos alumnos da ESO

Espero que a atopedes tan interesante coma min

Publicar e compartir as nosas presentacións de diapositivas

Na web educacontic.es nos presentan e explican, inclúe un pequeno manual, como traballar cunha ferramenta chamada AUTHORSTREAM que nos permite publicar e compartir as nosas presentacións con outras persoas vía web. Ten un límite de peso 1 GB pero creo que pode valer para moitas das nosas presentacións.