Arquivo da categoría: Deseño

Propuesta de traballo de deseño para o alumnado da ESO

Na páxina web dontpaniconline.com hai unha entrada na que se nos presenta o zapato de muller coma concepto e as diferentes propostas de diferentes artistas sobre este elemento.

Xa só analizar estas propostas cós nosos alumnos plantexándolles o deseño coma proceso, a relación entre deseño-estética e utilidade ou a relación que o deseño garda (nalgúns destes casos e en  moitísimos en todo o deseño) có xogo é unha boa tarefa de traballo para entender o deseño. Pero a miña proposta é outra.

Cando traballamos o tema do deseño cós nosos alumnos, normalmente, lles pedimos que deseñen algo, a miña proposta é, partindo destas imaxes, propoñerlles o seu propio deseño de zapato para eles, persoal, que lles identifique, aínda que non se poida camiñar con el. Con esta actividade podemos chegar con eles á idea do concepto dende a práctica e non có estudo de conceptos en “bruto”.

(imaxe tomada da páxina http://www.dontpaniconline.com)

Advertisements