Arquivo da categoría: Educación

Como crear a túa propia Khan Academy

Na entrada na que vos falei do vídeo sobre o qeu se reflexionaba sobre o presente e o futura da nosa educación vos mencionei a Khan Academy, unha organización educativa que xera microleccións en vídeo para nenos e nenas de diversas edades. A idea é, como xa vos comentara, conseguir que os nenos revisen os aspectos teóricos que poidan interesar para unha práctica concreta e que o tempo da aula sexa estea dedicado integramente á práctica. Dende o blog TotemGuard nos propoñen que creemos a nosa propia Khan Academy, có noso material e para elo nos suxiren unha serie de ferramentas que precisaríamos para poder facelo. creo que a idea e moi interesante é que paga a pena. O principal problema sería intentar traballar un só isto, pero se aunamos esforzos… Vos deixo o enlace do artigo para que o leades on calma e me comentedes:

Repensar a Educación

Nun dos blogs de José Luis Orihuela, profesor universitario e escritor, atopei unha pequena reportaxe sobre o presente e o futuro na nosa educación en relación có impacto das novas tecnoloxías nas nosas vidas, na nosa sociedade e, en concreto, nos nenos. José Luis Orihuela centra o seu traballo de investigación e estudo precisamente neste aspecto, no impacto das tecnoloxías na sociedade e na educación. Podedes procurar moita máis informació´n sobre el e o seu traballo noutro dos seus blogs: www.ecuaderno.com

O vídeo está en inglés pero se pulsades para velo a través de youtube creo que ten subtítulos. Tamén podedes quedar có de lingua inglesa do cole e que vos asista no tema da tradución, creo que paga a pena velo con máis compañeiros para comentalo. Xa me contaredes. Sinalar que dentro da reportaxe fala o creador da Khan Academy, un novo concepto de educación por ca en marcha no que a idea e que o alumnado poida ver as clases con calma na casa para logo chegar ao centro e centrarse nos traballos, revolucionario (para como entendemos hoxe unha clase), pero moi interesante.