Arquivo da categoría: Miscelánea

un artigo sobre “digital citizen”

É un artigo moi interesante, en inglés, pero interesante, espero que vos axude a reflexionar coma min na nosa tarefa de formar alumnado competencial para o mundo no que nos/lles tocou vivir

http://askatechteacher.wordpress.com/2012/12/12/how-to-thrive-as-a-digital-citizen/#more-9582

Advertisements

Por que escribir nun blog?

Na páxina web de Totemguard publicaron recentemente un artigo no que expoñen 8 razóns polas que un educador debe escribir un blog. A min parecéronme bos argumentos, vos como os vedes?

A realidade aumentada e as súas posibles aplicacións á aula

A realidade aumentada é unha das novas “capacidades” da tecnoloxía que nos permite obter máis información sobre aquelo que esteamos vendo. Moi a groso modo temos dúas aplicacións, a primeira son aquelas aplicacións onde unha aplicación móbil nos axuda a obter máis información sobre o espazo no que nos atopamos, así temos aplicacións coma LAYAR (esta é a que eu coñezo, non sei se é mellor ou peor, e que non manexei outra).

Logo están as aplicacións que xeran imaxes en tres dimensións con información adicional no ordenador ou, como é o caso do artigo que hoxe vos quero recomendar (mirade o libro máxico), gafas ou dispositivos, a partir de códigos QR (quick response barcode, «código de barras de respuesta rápida»)

Atopei esta entrada sobre o que é a realidade aumentada e posibles aplicacións que xa se están experimentando nas aulas espero que vos resulte tan interesante como a min:

http://ntics.me/2012/04/14/realidad-aumentada-y-su-potencial-en-la-educacion/